O espectáculo

Unha revolta
Reinventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses.

Ilusionismo, levitacións, acrobacias, equilibrios, malabares, números aéreos, treboadas de neve e torres de vento, pezas interactivas, videoproxeccións, animación audiovisual, simbolismo celta e barroco compostelán, traxes futuristas, humor, drama, comedia, maxia, danza…

Un espectáculo que redefine os límites do imaxinario colectivo, fusionando tradición e modernidade nunha experiencia revolucionaria e multisensorial.

Un relato
Un mago que perdeu a súa luz interior, inicia unha viaxe que o leva a recoñecer a súa
memoria e a reintegrar as súas emocións fragmentadas.

O seu camiño simbólico convértese nunha peregrinación onde tradición e modernidade se enlazan, facendo que cada escena sexa unha metáfora sobre o noso propio proceso vital: recoñecer o pasado, reinterpretar o presente e reinventar o futuro.
O Camiño de Santiago preséntase como unha metáfora universal, un lugar de reencontros, transformación e redescubrimento colectivo.

A trama leva aos artistas a unha misión de exploración e reconstrución: recoñecer a
memoria colectiva, reintegrar tradición e modernidade, e reconectar coa cultura e o
patrimonio galego a través dunha posta en escena máxica, futurista e envolvente.
Reinventio é moito máis que unha continuación: é unha experiencia que sorprende,
emociona e invita a percorrer un Camiño inesperado e sensorial, reconectando co patrimonio cultural galego e coa capacidade de sentir e vivir a cultura como algo vivo.

Moito máis ca un espectáculo familiar/

Moito máis ca un espectáculo familiar/

Moito máis ca un espectáculo familiar/

Moito máis ca un espectáculo familiar/

Moito máis ca un espectáculo familiar/

Ilusionismo, levitacións, acrobacias, equilibrios, malabares, números aéreos, aros voadores, coreografías trepidantes, treboadas de neve e torres de vento, pezas interactivas, videoproxeccións, animación audiovisual, música electrónica fundida con composicións tradicionais galegas, simbolismo celta, barroco compostelán e a estética xeométrica e vangardista de Sargadelos, traxes futuristas, humor, misterio, fantasía, drama, comedia, maxia, ilusionismo, teatro xestual, danza…. Todo isto, e moito máis, é Reinventio.

Un Camiño renovado

O termo Reinventio alude ao redescubrimento dos restos do apóstolo Santiago na catedral, agochados en 1589 polo medo a un ataque do pirata Drake.
Reinventio leva o redescubrimento histórico máis alá: un redescubrimento da ilusión.
Un peregrino contemporáneo que busca a súa propia luz, guiando ao público a través dun Camiño inesperado e sensorial.

Cada número é unha etapa desta viaxe, onde tradición, patrimonio e modernidade se reencontran, facendo que o público non só redescubra a cultura galega, senón que tamén recoñeza a súa propia capacidade de revivir e reinventarse.